Pastas e Cervexas
artesanais ecolóxicas
fabricadas en Lugo
artesanais

Tódolos ingredientes empregados: cereais, maltes, lúpulos, especias, lévedos e calquera outro, son ingredientes naturais, da mellor calidade e frescura. Sempre que é posible empregamos cultivares tradicionais e locais, e nunca usamos sulfitos, conservantes ou calquera tipo de adxacente artificial.
Somos artesáns, os saberes tradicionais, son os que nos nutren, dos que estamos continuamente aprendendo, adaptando e mellorando nas nosas elaboracións. Respectamos os tempos dos procesos e a natureza dos ingredientes, para preservar as súas propiedades nutricionais e organolépticas, e así obter produtos sans, saborosos e equilibrados.
Sempre damos prioridade a calidade fronte a cantidade.
ecolóxicas

veganas

Nos obradoiros de Bubela non se emprega ningún produto de orixe animal