Ingredientes (para 4 persoas):
- Pasta Longa Fresca Bubela Artesá, 4 niños de tallarins (con cúrcuma, con espirulina, de centeo… o gusto)
- 1 litro de caldo de verduras ou auga
- 1 porro mediano cortado en rodelas
- 250g de cogumelos ostra
- 250g tofu en liscos
- 1 cullerada de salsa de soia
- 1 cullerada de pasta de miso
- xenxibre en pó
- aceite de oliva virxe extra
Preparación:
- Picar os cogumelos ostra reservando algúns para decorar.
- Saltear os cogomelos picados e o porro, cando esteña dourado engadir a salsa de soia e o xenxibre, saltear 30 segundos máis e engadir o líquido (caldo de verduras ou auga). Agardar a que ferva.
- Mentres, nunha tixola, marcar o tofu máis os cogumelos que reservamos.
- Cando a sopa comencé a ferver apartamos un chisco de caldo para disolver o miso, a pasta de miso non debe ferver.
- Retirámolo do lume, engadimos o miso disolto mais os niños de pasta longa fresca.
- Tapamos e deixamos repousar 4 minutos.
- Nese tempo podemos preparar os “toppins” para decorar. No noso caso unhas rodelas de cenouras en crú, e unha follas de herba dos cóengos.
- Para servir colocamos un niño en cada cunca, cubrímolo coa sopa e o decoramos co tofu, as setas, e as verduras que prefiramos.
Bo proveito!!!