Receta Pasta Centeo cerveza e Queixo azul Vegano
Ingredientes para 4 persoas:
- 1 paquete de Parafusos de Centeo integral de Bubela Artesá
- 1 Cervexa Moura de Bubela Artesá
- 1 cebola
- 1 anaco xeneroso de queixo azul vegano de froitos secos.
- aceite de xirasol eco
- sal
Preparación:
- Cocemos a pasta en abundante auga con sal seguindo as instrucións do paquete e reservamos. É convinte deixala un pelín “o dente” porque despois ímola pasar pola tixola.
- Nunha tixola douramos a cebola picada miudiña, cando estea lista, engadimos o queixo vegano cortado en anacos e baixamos o lume.
- Remexer cunha culler de madeira para desfacer o queixo con coidado de que non se pegue.
- A continuación engadimos uns 100 ml de cervexa moura, subimos o lume e seguimos remexendo, deixamos que ferva para reducir o líquido a metade.
- Incorporamos a pasta cocida na tixola e remexemos para mesturala ben coa salsa.
- Servir quente.
- Nesta ocasión acompañamola dunha ensalada con pemento morrón asado e decorámolas cunhas sementes de sésamo tostado.
- E, como aconsellan os sumillers, maridamos este prato coa mesma cervexa que empregamos para cociñalo, unha Cervexa Moura de Bubela ben fresquiña.
Bo proveito!!!!
Receta Pasta Centeo cerveza e Queixo azul Vegano