Saltar ao contido

Pastas e Cervexas

artesanais ecolóxicas

fabricadas en Lugo

artesanais

Tódolos ingredientes empregados: cereais, maltes, lúpulos, especias, lévedos e calquera outro, son ingredientes naturais, da mellor calidade e frescura. Sempre que é posible empregamos cultivares tradicionais e locais, e nunca usamos sulfitos,  conservantes ou calquera tipo de adxacente artificial.

Somos artesáns, os saberes tradicionais, son os que nos nutren, dos que estamos continuamente aprendendo, adaptando e mellorando nas nosas elaboracións. Respectamos os tempos dos procesos e a natureza dos ingredientes, para preservar as súas propiedades nutricionais e organolépticas, e así obter produtos sans,  saborosos e equilibrados.

A nosa forma de traballar foi recoñecida e esta certificada polo AGACAL, mediante o selo de calidade Artesania alimentaria, que indica que os nosos produtos son fabricados por nós, (non mercamos a terceiros para logo etiquetar coa nosa marca, algo, por desgracia, tan común) que están feitos en Galicia (Lugo), mediante técnicas artesanias, e dicir, non trampeamos os procesos, empregando sucedanos de materia prima para abaratar, por poñer un exemplo.

Sempre damos prioridade a calidade fronte a cantidade.

ecolóxicas

Empregamos unicamente ingredientes de cultivo ecolóxico certificado, primando a proximidade, a calidade e o respecto pola terra e as persoas.
Estamos certificados polo CRAEGA, con nº de rexistro  GA/02509/I
Pechamos o ciclo dos refugallos orgánicos derivados das nosas elaboracións, compostándoos para uso agrícola.
Somos socios e consumidores de Nosa Enerxia SCG, cooperativa galega de consumidores, que comercializa exclusivamente enerxía de orixe 100% renovable.

veganas

Nos obradoiros de Bubela non se emprega ningún produto de orixe animal

logo gal

Entrevista .gal

Compartimos a entrevista que nos fixeron dende .GAL   Grazas polo interese mostrado. Podedes lela premendo na seguinte ligazón: https://dominio.gal/bubela-pastas-e-cervexas-artesas/
podcast radio galega

Entrevista da radio galega

Compartillamos a entrevista que nos fixeron esta semana os amigos de Radio Galega. Grazas a Antón Rebollido, a Raúl Villares, ao programa A tarde e a Radio Galega por darnos…
Estache bó!

Estache bo!

Grazas aos amigos do programa da TVG Estache bo! por esta receita coa nosa pasta de Castaña e centeo. Grazas ao chef Xoanqui Ameixeiras polo interese e o oficio que…
RAMEN1B

Ramen de pasta fresca

Ingredientes (para 4 persoas): Pasta Longa Fresca Bubela Artesá, 4 niños de tallarins (con cúrcuma, con espirulina, de centeo… o gusto) 1 litro de caldo de verduras ou auga 1…
OndasBrotes2

Ondas de algas con brotes

Ondas de Algas con brotes Ingredientes (para 4 persoas): 1 paquete de Ondas de Bubela Artesá Unha cunca pequena de brotes ou xerminados ao gusto. 3 dentes de allo picados…
GALEGO