Comezamos esta serie de receitas de pasta, con unha ben sinxela de facer e equilibrada nutricionalmente, xa que conta con un aporte completo de proteína, carbohidratos, minerais e vitaminas e ademáis e moi saborosa.
Esperamos que sexa amena e que disfrutes cociñando e degustando dela.
Imos aló!!
Ingredientes:
- 1 paquete de parafusos de centeo Bubela Artesá
- 1 dente de allo picado
- 1 cebola picada fina
- 3 tomates maduros relados
- 1 cenoura relada
- 1 cunca pequena de soia texturizada fina.
- 1 chisco de pementón doce/picante o gusto
- Ourego, sal, pementa e aceite de oliva virxe
Elaboración:
- Poñer a soia a remollo con auga.
- Poñer o lume una pota con auga abundante e sal, para cocer a pasta.
- Nunha tixola poñer o aceite, rustrir o allo, engadir a cebola e pochala.
- Engadir a cenoura e o tomate. Salpimentar o gusto, engadir o pementón máis o ourego. Cocer a lume baixo 5 minutos.
- Escorrer a soia, engadila e cocer 2 minutos máis. Reservar.
- Cocer a pasta en abundante auga 5-7 minutos. Escorrer.
- Mesturar ca salsa e listo para xantar.
Recomendamos adaptar os ingredientes para empregar produtos de tempada, locais e ecolóxicos.
5/5