Ramen de pasta fresca

  • por

Ingredientes (para 4 persoas):

  • Pasta Longa Fresca Bubela Artesá, 4 niños de tallarins (con cúrcuma, con espirulina, de centeo… o gusto)
  • 1 litro de caldo de verduras ou auga
  • 1 porro mediano cortado en rodelas
  • 250g de cogumelos  ostra
  • 250g tofu en liscos
  • 1 cullerada de salsa de soia
  • 1 cullerada de pasta de miso
  • xenxibre en pó
  • aceite de oliva virxe extra

 

Preparación:

  • Picar os cogumelos ostra reservando algúns para decorar.
  • Saltear os cogomelos picados e o porro, cando esteña dourado engadir a salsa de soia e o xenxibre, saltear 30 segundos máis e engadir o líquido (caldo de verduras ou auga). Agardar a que ferva.
  • Mentres, nunha tixola, marcar o tofu máis os cogumelos que reservamos.
  • Cando a sopa comencé a ferver apartamos un chisco de caldo para disolver o miso, a pasta de miso non debe ferver.
  • Retirámolo do lume, engadimos o miso disolto mais os niños de pasta longa fresca.
  • Tapamos e deixamos repousar 4 minutos.
  • Nese tempo podemos preparar os “toppins” para decorar. No noso caso unhas rodelas de cenouras  en crú, e unha follas de herba dos cóengos.
  • Para servir colocamos un niño en cada cunca, cubrímolo coa sopa e o decoramos co tofu, as setas, e as verduras que prefiramos.

 

Bo proveito!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *