Ondas de Algas con brotes
Ingredientes (para 4 personas):
- 1 paquete de Ondas de Bubela Artesá
- Unha cunca pequena de brotes ou xerminados ao gusto.
- 3 dentes de allo picados
- Xenxibre en pó
- Sal
- Aceite de oliva virxe extra
Preparación:
- Cocer a pasta en abundante auga salgada seguindo as instrucións do paquete.
- Nunha tixola saltear os allos picados nun pouco de aceite, cando comecen a dourarse engadir os brotes, aliñar co xenxibre e a sal e deixar dourar un pouco.
- Mesturar coa pasta e listo!!
Fácil, rápido e nutritivo.
Nota: Na receita usei brotes de faba mungo, pero pódese xerminar a semente que máis nos guste, alfalfa, lentellas,…
![](https://ml6vvtkj73fz.i.optimole.com/w:1024/h:768/q:mauto/f:best/https://bubela.gal/wp-content/uploads/2021/01/OndasBrotes2.jpg)