Sopa branca de Fideos con Cúrcumapor Poupa Sopa branca de fideos con cúrcuma Ingredientes (4 persoas)200g de fideos de trigo integral con Cúrcuma de Bubela Artesá1 pataca grande cortada en dados1 ó 2 porros picadosSalAceite de oliva virxe extraRomeuSemente de liño Modo de preparación:Nunha pota mediana cubrir o fondo con aceite e sofritir o porro picado.Engadir a pataca, salgar e poñer romeu o gusto. Cubrir con abundante auga e cocer 20 min ate que a pataca estea branda. Retirar do lume, triturar e engadir auga o gusto para obter un caldo máis ou menos espeso.Rectificar a sal, poñer de novo o lume e cando rompa a ferver engadir os fideos e cocer 4 minutos.Decorar coas sementes de liño.Servir quente e recen feita.Nota: pódese ter feita unha boa cantidade de caldo, como fondo de neveira, e engadir os fideos de Bubela Artesá para ter unha cea rápida e saudable Deixa unha resposta Cancelar a respostaO teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *Nome * Enderezo electrónico * Sitio web Comentario * Gardar o meu nome, correo electrónico e sitio web neste navegador para a próxima vez que faga un comentario. Ao usar este formulario accedes ao almacenamento e xestión dos teus datos por parte desta web. *