Cervexa Bubela Moura Eco Artesanal
Estilo Porter, unha “negra” moi english.
Elaborada con 4 maltes, todas de orxo, e tres delas moi torradas, o que lle confire unha cor moura, sabor maltoso con perfis a cacao e café. Engadímoslle 2 lúpulos que para darlle un xusto equilibrio o doce predominante.
Unha das nosas clásicas das que presumimos sempre.
Cervexa artesanal: elaborada sen presas para degustala amodo.
Cervexa ecolóxica: cos mellores ingredientes de orixe orgánica, cultivados sen agrotóxicos.
Sen pasteurizar, libre de sulfitos e todo tipo de aditivos artificiais.
Cervexa, nada máis e nada menos.
6,5% vol alcohol
100% goce.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.