Parafusos de Espelta con salsa de queixo azul de froitos secos e Cervexa Moura.

  • por

Ingredientes para 4 persoas:

 

Preparación:

  • Cocemos a pasta en abundante auga con sal seguindo as instrucións do paquete e reservamos. É convinte deixala un pelín “o dente” porque despois ímola pasar pola tixola.
  • Nunha tixola douramos a cebola picada miudiña, cando estea lista, engadimos o queixo vegano cortado en anacos e baixamos o lume.
  • Remexer cunha culler de madeira para desfacer o queixo con coidado de que non se pegue.
  • A continuación engadimos uns 100 ml de cervexa moura, subimos o lume e seguimos remexendo, deixamos que ferva para reducir o líquido a metade.
  • Incorporamos a pasta cocida na tixola e remexemos para mesturala ben coa salsa.
  • Servir quente.
  • Nesta ocasión acompañamola dunha ensalada con pemento morrón asado e decorámolas cunhas sementes de sésamo tostado.
  • E, como aconsellan os sumillers, maridamos este prato coa mesma cervexa que empregamos para cociñalo, unha Cervexa Moura de Bubela ben fresquiña.

      

       Bo proveito!!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *